Ardalén / PRADO, Miguelanxo
por Prado, Miguelanxo; Prado, Miguelanxo.
Tipo: LibroSeries: Miguelanxo Prado (Norma) ;15.Editor: Santiago de Comopostela :El Patito Editorial ,2012 Edición: 1ª.Descrición: 256 :il. cor ;26cm.ISBN: 9788493943455.Materia(s): Memorias E Lembranzas | Cómics adultos | Emigración e inmigración-Cómics | Mares e océanos-Cómics | Recordos-Cómics | Soños-Cómics | Cómic europeoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Pino Manso Sala préstamo | 82-C PRA ard | 1 | Dispoñible | Adultos | PED059000011271 |
|
Premio Nacional del Cómic 2013
Premio mellor obra 31 salón del cómic de Barcelona
«Os recordos, que son moitos, van e veñen, sen que eu consiga colocalos. Nunca estou seguro de que sucedeu antes ou despois, báilanme os nomes, as caras... É coma se o libro da miña vida alá desfíxose e quedáseme nas mans un puñado de follas que non consigo ordenar de novo. Ás veces, mesmo, é coma se eses recordos non fosen meus... Nin sequera estou seguro de diferenciar o que vivín e o que imaxinei.»
Somos o que lembramos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entrelazando nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais lembran.
E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e agarimo, e hai rancores e odios.
Por iso lembrar non é inocuo. Pero quen non lembra, non vive.
Despois de tres anos dedicado a Ardalén, Miguelanxo Prado ofrécenos a súa obra máis extensa e ambiciosa ata a data. Un relato fascinante sobre os recordos e a memoria, con personaxes inesquecibles e a mestría dun dos mellores autores de cómic do noso país.