Sete chaves para abrir os soños / Alfredo Gómez Cerdá
por Gómez Cerdá, Alfredo (1951-) [autor/a]; Pintor, David [ilustrador/a]; Soto, Isabel [tradutor/a].
Tipo: LibroSeries: Seteleguas.Editor: Pontevedra : Kalandraka , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 106 p. : il. cor ; 25 cm.ISBN: 9788413430249.Materia(s): biografía | Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes | Estilo literarioRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaEste rexistro ten moitos ítems físicos (68). Faga clic aquí para velos todos.
As ilustracións de David Pintor transcenden a mera representación física dos personaxes; son figuras capaces de reflectir o seu calado humano e semellan estar tocadas por esa sorte de maxia que, a través dos seus libros, fixo soñar a milleiros de persoas no mundo.
Finalista Premio Fundación Cuatrogatos 2021.
A fiestra de Rodari
Os prodixios de Tomi Ungerer
Astrid Lindgren e as trenzas de Pippi
O baúl de Juan Farias
A lata de conservas de Christine Nöstingler
Os vampiros de Roald Dahl
A moto de Gloria Fuertes
Hai autoras e autores que, ademais de escribir libros, poden chegar a cambiar a vida das súas lectoras e lectores e a se converter en mitos. Teñen un don e levan nas súas mans a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos. Sete deles habitan nestas páxinas.
Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes protagonizan sete relatos, un número máxico para outras tantas figuras esenciais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. Esta homenaxe narrativa de Alfredo Gómez Cerdá está elaborada cos ingredientes que os propios personaxes cultivaron ao longo da súa traxectoria: fantasía e creatividade. Trala anécdota que dá lugar a cada conto transloce un labor de documentación previo que anima os lectores a afondar na biografía e na obra destas autoras e autores. Ata o punto de que se difumina a fronteira entre realidade e ficción, como se estes episodios puidesen formar parte da súa vida e mesmo explicaran dalgún xeito a súa vocación literaria.
Gianni Rodari é o artífice dunha xanela de evasión para unha nena ante un drama familiar. De Tomi Ungerer fascina a capacidade dos seus personaxes para intercambiarse nos seus propios libros. Astrid Lindgren exerce como activista ante as inxustizas sociais e as agresións medioambientais. Farias dános unha lección sobre o verdadeiramente importante na vida: a memoria, a amizade, o territorio que habitamos… Roald Dahl vive unha turbadora aventura en Transilvania da man dunha misteriosa e noctámbula dama. E no Madrid da escura posguerra, Gloria Fuertes recibe un inesperado agasallo duns pequenos e audaces veciños.