Un amor / Sara Mesa
por Mesa, Sara (1976-) [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Pino Manso Sala préstamo | 82-N MES amo | Dispoñible | PED059000014221 |
|
A historia dun amor ocorre en La Escapa, un pequeno núcleo rural onde Nat, unha nova e inexperta tradutora, acaba de mudarse. O seu caseiro, que lle regala un can como xesto de benvida, non tardará en mostrar a súa verdadeira cara, e os conflitos ao redor da casa alugada –unha construción pobre, chea de gretas e pingueiras– converteranse nunha verdadeira obsesión para ela. O resto dos habitantes da zona –a moza da tenda, Píter o hippie, a vella e demente Roberta, Andreas o alemán, a familia de cidade que pasa alí as fins de semana– acollerán a Nat con aparente normalidade, mentres de fondo latexan a incomprensión e a estrañeza mutuas.
La Escapa, co monte do Glauco sempre presente, terminará adquirindo unha personalidade propia, oprimente e confusa, que enfrontará a Nat non só cos seus veciños, senón tamén consigo mesma e os seus propios fracasos. Chea de silencios e equívocos, de prexuízos e sobrentendidos, de tabús e transgresións, Un amor aborda, de maneira implícita pero constante, o asunto da linguaxe non como forma de comunicación senón de exclusión e diferenza.