As gratitudes / Delphine de Vigan
por Vighan, Delphine [autor/a]; Xavier Senín [tradutor/a].
Tipo: LibroEditor: Santiago de Compostela : Hugin e Munin , 2023 Edición: Xullo 2023.Descrición: 152 páx : Rústica con lapelas ; 20 x 13.5 cm.ISBN: 9788412600766.Materia(s): Vellez | HistoriaResumo: A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afasia que padece fai que confunda as palabras e se perda seguido nas conversas; amais, as súas noites énchense de pesadelos nos que recibe reproches pola súa repentina vulnerabilidade. Tanto Marie, a súa veciña, coma Jérôme, o logopedista que a asiste, poñen o seu gran de area para que a anciá deixe de sufrir polo que considera unha débeda moral relacionada cun momento clave do seu pasado. As voces de Marie e Jérôme debullan os últimos meses de vida da protagonista. Dende as primeiras páxinas, esta conmovedora novela interpela o lector e convídao a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable e a empatía. Como revela o título, a gratitude ocupa un lugar central: a de Marie cara á persoa que permitiu que se convertese na muller que é; e a de Michka, cuxo maior desexo é localizar as persoas que lle salvaron a vida. A palabra é así mesmo crucial na construción da historia, tanto pola sobriedade e a depuración estilística que caracterizan o relato coma polos dramáticos e por veces humorísticos lapsus de Michka, que revelan dun xeito doloroso a perda paulatina da facultade de se comunicar para quen foi –ironías da vida– unha traballadora das palabras.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Club de lectura | IES Pino Manso Sala préstamo | 82-N VIG gra | Dispoñible | PED059000014089 |
|
||
Club de lectura | IES Pino Manso Sala préstamo | 82-N VIG gra | Dispoñible | PED059000014091 |
|
A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afasia que padece fai que confunda as palabras e se perda seguido nas conversas; amais, as súas noites énchense de pesadelos nos que recibe reproches pola súa repentina vulnerabilidade. Tanto Marie, a súa veciña, coma Jérôme, o logopedista que a asiste, poñen o seu gran de area para que a anciá deixe de sufrir polo que considera unha débeda moral relacionada cun momento clave do seu pasado.
As voces de Marie e Jérôme debullan os últimos meses de vida da protagonista. Dende as primeiras páxinas, esta conmovedora novela interpela o lector e convídao a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable e a empatía. Como revela o título, a gratitude ocupa un lugar central: a de Marie cara á persoa que permitiu que se convertese na muller que é; e a de Michka, cuxo maior desexo é localizar as persoas que lle salvaron a vida.
A palabra é así mesmo crucial na construción da historia, tanto pola sobriedade e a depuración estilística que caracterizan o relato coma polos dramáticos e por veces humorísticos lapsus de Michka, que revelan dun xeito doloroso a perda paulatina da facultade de se comunicar para quen foi –ironías da vida– unha traballadora das palabras.
1º-2º BAC